martes, 8 de febrero de 2022

A atmosfera, tempo atmosférico e o clima.




 A atmosfera é unha capa de gases (nitróxeno  78% e osíxeno 21% principalmente, ademáis de ozono, dióxido de carbono - CO2 - e outros) duns 1.000 km de espesor que envolve o Planeta Terra.

Como podemos observar na imaxe, podemos distinguir varias capas.

A atmosfera ten unha importancia definitiva para a vida na Terra:

-Os seres vivos necesitan dos seus gases, fundamentalmente osíxeno, para vivir.

-A capa de ozono actúa coma un filtro que protexe aos seres vivos dos raios ultravioletas.

-Na atmosfera hai uns gases que reciben o nome de "gases de efecto invernadoiro " (CO2, vapor de auga, metano,...) que reteñen parte da enerxía solar na atmosfera, conseguindo que haxa unha temperatura media de 15ºC. Este chamado "efecto invernadoiro" é beneficioso para a vida no noso planeta, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura atmosférica, contribuindo polo tanto ao cambio climático.

-Por último, na capa máis próxima á superficie terrestre, a TROPOSFERA, prodúcense os fenómenos meteorolóxicos relacionados co clima (precipitacións, vento,...)



A ESTACIÓN METEOROLÓXICA






O TEMPO ATMOSFÉRICO E O CLIMA 


As palabras tempo e clima, ainda que teñen unha estreita relación, non teñen o mesmo significado.
Si diariamente, cando te levantas pola mañá e che preguntan si chove, está nublado, venta ou vai frío, entón están a facer alusión ao "tempo atmosférico". Iso do que se fala cando non sabes que conversa ter cunha persoa: "Este tempo está a tolear. Hoxe vai frío, onte fixo calor e mañá seguro que chove"
En cambio, si alguén che pregunta polo clima, por exemplo de Galicia, inmediatamente pensamos en periodos máis longos de tempo. Coma mínimo, poste a analizar coma son os invernos ( húmidos e non demasiado fríos, case non neva excepto no interior .... ) e os veráns ( suaves, sin facer excesiva calor ...)
Unha das diferenzas claves entre os dous conceptos está no periodo de tempo ao que facemos referencia ( máis curto no tempo atmosférico e máis longo no clima ). Por iso, poderiamos definir tempo e clima desta maneira:

O clima sería coma unha película dos diferentes tipos de tempo.





Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos . P.ex.: Hoxe en Baiona o tempo é chuvioso.

meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia,neve, saraiba...) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.

- Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. P.ex.: O clima de Galicia é oceánico.

A climatoloxía é a ciencia que o estuda o clima.

Diferenza entre tempo e clima: En Baiona e nas illas Canarias pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío, soleado,...), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (Baiona: temperado oceánico; illas Canarias: subtropical)

 




O CAMBIO CLIMÁTICO




TIPOS DE CLIMAS 



No hay comentarios:

Publicar un comentario