- P principal
- Recreos 23- 24
- Matemáticas
- Lengua
- Aprendemos jugando
- Educando en valores
- Proxecto. O noso corpo
- Lógica-matemática
- Problemas
- ¡A jugar!
- Proxecto. Os animais
- O universo, as galaxias e o sistema solar
- As plantas
- Os ecosistemas
- L. Galega
- 3º E.P
- CCSS
- Rosalía de Castro
- CCNN
- Tablas de multiplicar
- Mates + +
- Relevo de Galicia e de España
- E-dixgal formación
- Día da infancia
- Historia
domingo, 27 de noviembre de 2022
sábado, 2 de julio de 2022
domingo, 8 de mayo de 2022
Scape Room para repasar las operaciones con números decimales.
miércoles, 20 de abril de 2022
viernes, 8 de abril de 2022
martes, 29 de marzo de 2022
viernes, 25 de marzo de 2022
sábado, 19 de marzo de 2022
jueves, 17 de marzo de 2022
viernes, 4 de marzo de 2022
jueves, 3 de marzo de 2022
lunes, 28 de febrero de 2022
martes, 8 de febrero de 2022
A atmosfera, tempo atmosférico e o clima.
A atmosfera é unha capa de gases (nitróxeno 78% e osíxeno 21% principalmente, ademáis de ozono, dióxido de carbono - CO2 - e outros) duns 1.000 km de espesor que envolve o Planeta Terra.
Como podemos observar na imaxe, podemos distinguir varias capas.
A atmosfera ten unha importancia definitiva para a vida na Terra:
-Os seres vivos necesitan dos seus gases, fundamentalmente osíxeno, para vivir.
-A capa de ozono actúa coma un filtro que protexe aos seres vivos dos raios ultravioletas.
-Na atmosfera hai uns gases que reciben o nome de "gases de efecto invernadoiro " (CO2, vapor de auga, metano,...) que reteñen parte da enerxía solar na atmosfera, conseguindo que haxa unha temperatura media de 15ºC. Este chamado "efecto invernadoiro" é beneficioso para a vida no noso planeta, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura atmosférica, contribuindo polo tanto ao cambio climático.
-Por último, na capa máis próxima á superficie terrestre, a TROPOSFERA, prodúcense os fenómenos meteorolóxicos relacionados co clima (precipitacións, vento,...)
O clima sería coma unha película dos diferentes tipos de tempo.
- Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos . P.ex.: Hoxe en Baiona o tempo é chuvioso.
A meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia,neve, saraiba...) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.
- Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. P.ex.: O clima de Galicia é oceánico.
A climatoloxía é a ciencia que o estuda o clima.
- Diferenza entre tempo e clima: En Baiona e nas illas Canarias pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío, soleado,...), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (Baiona: temperado oceánico; illas Canarias: subtropical)