Sabíades que o SAMAÍN ten máis historia ca Halloween? Pois si! A celebración de Halloween inspirouse nesta festa celta.
Cando os celtas habitaban Galiza, o seu calendario era moi diferente do noso. O seu aninovo era o 1 de novembro. Nesta data remataba a estación da luz e comezaba a da escuridade, O INVERNO.
Esta noite, a que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, non pertencía nin a un ano nin a outro... era a súa noite máxica.
Logo chegaron os romanos e máis tarde os cristiáns e, pouco a pouco, foise cambiando a festa orixinal. Este día pasou a ser o "Día de Todos os Santos" de onde ven Halloween.
PERO QUEREDES SABER TODA A HISTORIA? AQUI TEDES COMO FOI CAMBIANDO AO LONGO DO TEMPO A.... A N O I T E D E S A M A Í N
,